Acto homenaxe a Alfredo Brañas no 150 aniversario do seu nacemento
16 de maio do 2009 (víspra do Día das Letras Galegas)
Na inmensidade do Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela, os saudos cordiais e o suave retremer e asubiar de tambores e gaitas, dan comezo a unha mediodía de honras, daquel e aqueles que dende o interior e o exterior da nosa Galicia estiveron presentes a historia, para que a nosa lingua teña o merecido respecto de ser idioma.
O himno galego en silencio reverente, dá paso a unha resumida biografía, doce e imperativa do seu traballo, que nos impregna dos seus anhelos, das súas forzas.
O noso alcalde, o señor Evencio Ferrero Rodríguez comeza o homenaxe como anfitrión que é o noso Concello carballés expoñendo en poucas palabras o orgullo do mesmo en ter entre as nosas terras un galego tan Ilustre como foi Alfredo Brañas, continuando o sobrino neto de Alfredo Brañas agradece a nosa visita e na súa homenaxe particular quixo lembra-lo traballo do seu tío avó en pro doutra galega Ilustre como foi Rosalía lendo un pequeño poema dedicado á escritora, escrito polo mesmo sobrino neto con destacada emoción do pobo galego, convidando en liberdade de lingua a unha España moi cambiada pero aínda totalitaria.
Tamén a Asociación de Escritores en Lingua Galega tivo un especial lembranza a Rosalía de Castro esa muller menudita pero que tiña na literatura un corazón netamente galego.
Sen querer quedarse atrás, o reitor da Asociación Alfredo Brañas busca nas súas palabras a unidade de todos pola dilixente e digna tarefa que Alfredo, -xunto a outros galegos- comezou, e que agora nos toca a nós o sustitúo de non lo deixa esquecido.
O reitor da Universidad de Santiago de Compostela homenaxa a un escritor e periodista como o era Brañas que no seu tempo estudou nela, comezando alí, como moitos galegos e galegas fano hoxe día, o camiño de ser "Galego".
Entre aplausos, a Real Academia Galega denuncia a dificultad que aínda corre a nosa lingua, incitándonos a seguir adiante sen dar un paso atrás a este idioma galego que, todos xuntos, debemos construír.
O Ayuntamiento de Santiago de Compostela nun curto homenaje tamén se uniu a tódalas nosas voces.
Tomando a palabra, o representante da Xunta de Galicia amosóuno-lo pasado presente e futuro desta lingua Galega que non se deixou, non se deixa, nin se deixará a deriva a historia
Xa case concluído o acto, o cantautor Ollo Casabella nos deleito coa súa guitarra, e nun puro galego modernizado e sen faltas de ortografía, emitiu a súa canción, poema do noso país rematando rachando cordas con e pola liberdade.
Grazas Alfredo Brañas, grazas polo presente e grazas tamén polo futuro da nosa lingua.